Saltar ao contido

Citidín trifosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Citidín trifosfato
Identificadores
Número CAS 65-47-4
PubChem 6176
ChemSpider 19952488
MeSH Cytidine+triphosphate
Ligando IUPHAR 1741
Imaxes 3D Jmol Image 1
Image 2
Propiedades
Fórmula molecular C9H16N3O14P3
Masa molecular 483,156

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

O citidín trifosfato ou trifosfato de citidina, abreviadamente CTP, é un nucleótido formado polo nucleósido citidina esterificado cun grupo de tres fosfatos. A molécula consta dun azucre ribosa unido á base nitroxenada citosina por enlace N-glicosídico entre o carbono 1' da ribosa e o nitróxeno en posición 1 da base, e un grupo de tres fosfatos esterificados no carbono 5' da ribosa e unidos entre si por enlaces anhidro.

A función principal na célula do CTP é a de intervir na síntese do ARN. O CTP chega ao lugar da transcrición do ARN, perde dous fosfatos en forma de pirofosfato (PPi), e únese ao ARN en formación como CMP.

O CTP tamén intervén na cesión de enerxía e como coencima en certas reaccións especializadas do metabolismo de lípidos.

Serve para unir restos CDP a outras moléculas no metabolismo de fosfolípidos, como na reacción na que se forma CDP-etanolamina[1]:

CTP + fosfoetanolmina CDP-etanolamina + PPi

Tamén intervén na síntese de terpenos pola vía alternativa á do mevalonato, xa que proporciona o CDP necesario para formar a molécula intermediaria CDP-metileritrol.

O CTP é un inhibidor do encima aspartatocarbomoiltransferase, que é un caso de inhibición encimática alostérica por produto final.

O CTP sintetízase a partir do UTP polo encima CTP sintetase, reacción na que a glutamina cede un grupo amino ao uracilo do UTP, transformándoo en citosina. Tamén se pode formar a partir do CDP nunha reacción reversible co ATP como esta:

CDP + ATP CTP + ADP
  1. Lehninger A., Principios de Bioquímica (1988). Omega. Barcelona. páxina 601. ISBN 84-282-0738-0